IES FREI MARTÍN SARMIENTO

A cooperativa do FREI “Abrazo Mayor” na Residencia de Maiores de Campolongo

“Abrazo Mayor” é unha cooperativa creada por alumnado de 4º ESO na materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional, dentro do programa DepoEmprende. O seu obxectivo é axudar aos nosos maiores a levar unha vida máis amena, a través do seu acompañamento e realización de diversas actividades.

A primeira actividade que fixeron foi unha visita á Residencia de Maiores de Campolongo, na que estiveron acompañando aos residentes, realizando exercicios de mobilidade e charlando con eles. Unha gran experiencia que lles deixou gañas de volver e que serviu para confirmar que o obxectivo da súa cooperativa é moi interesante e motivador.

Queremos agradecer aos traballadores da Residencia pola boa acollida e a humanidade que mostran no trato cos nosos maiores eo ao falar deles, todo un exemplo.

#EmprendeFMS

#EconomíaFMS

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email