Dende este luns 11 de xaneiro está aberto o proceso de admisión cara o vindeiro curso 2021-2022, para o alumnado que ven dos colexios adscritos. O prazo de solicitude de praza remata o 8 de febreiro e compre presentar solicitude por sede electrónica ou ben presencialmente no propio centro (Anexo I dispoñible na nosa web). Para o alumnado que desexe cambiar de centro o prazo abrangue dende o 1 ata o 20 de marzo. Nestes días colgaremos un díptico para que fagades unha visita “virtual” ao noso centro, ao non poder organizar unha xornada de portas abertas tan espectacular como o curso pasado. Máis info no apartado Proceso de Admisión da nosa web.