IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Matemáticas de proximidade

O alumnado de 1º de bacharelato C asistiu o venres 11 no Teatro Principal de Pontevedra á charla “O saber e o sabor das Matemáticas de proximidade” de María Elena Vázquez Cendón, Matemática, Decana da Facultade de Matemáticas da USC e Premio María Josefa Wonenburguer 2022, dentro dos actos que promove o Concello de Pontevedra co gallo do “Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia” nesta edición baixo o título “A Foto 51”.

Durante a conferencia, Elena fixo un percorrido por referentes próximos, ó seu interese polas matemáticas e a súa experiencia docente e investigadora no campo da Matemática Industrial, a cal comezou resolvendo as correntes na ría de Pontevedra. Reflexións e información que non perderon o marco referencial do 11F.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email