O pasado martes, o grupo de 2º de Bacharelato de Artes achegámonos a coñecer a ESAD (Escola Superior de Arte Dramática de Galicia) en Vigo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora, levados da man de profesores e profesoras que nos transmitiron a paixón polo seu traballo e nos fixeron partícipes dalgunhas das actividades que están a desenvolver co seu alumnado. Puidemos coñecer os contidos das titulacións que imparten e moito máis… despois da nosa visita, a nosa experiencia como espectadores/as cando vaiamos a unha representación teatral xa non vai ser igual…
Que mundo máis complexo, rico e marabilloso!
Grazas a María Francelina, Ana Arteaga, Ricardo Solveira, Marión Sarmiento e Roberto Relova pola vosa acollida, e ao voso alumnado por facernos partícipes da súa maxia! #esad #esadgalicia