Youtubeiras+ para o alumnado!

A rapazada gozou dun obradoiro sobre a creación de contidos nas Redes que resultou moi interesante. Desta parte, os alumnos e alumnas de 4° ESO B estiveron ben participativos e parece que imos ter vari@s creadores/as entre nós 👏👏👏: arte, historia, fútbol, xogos, escritura, axuda entre iguais… MARABILLA! A actividade tamén se realizou nesta semana […]
Roteiro Castelao

Parte do noso EDL acudiu o pasado venres ao Roteiro Intercentros de Castelao, no que tamén participou. Tocoulles explicar a importancia da Rúa da Oliva para Castelao e leron o discurso “Alba de gloria”, o relato “A marquesiña” e o “Meu Pontevedra”. Ademais de volver ser protagonistas 😉😉 nunha entrevista coa radio, tamén escoitaron ofertas […]
Rolda de prensa Roteiro Castelao

Unha representación do equipo do EDL asistiu á rolda de prensa de presentación do roteiro intercentros de Castelao.Falaron para os medios sobre a figura de Castelao e a súa vida na vila, así coma a importancia deste tipo de actividades, que achegan á rapaza unha figura tan importante.
Baile galego 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO gozou dunha divertidísima sesión de baile galego impartida por Artur Puga. Entre “patadas”, “pisadas de formiga” e mesmo algún “paso de discoteca”, aprenderon a deixar fluír o ritmo da música e a moverse con certa graza😜. A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, a través dunha das […]
Séchu Sende

O alumnado de 4º de ESO do IES participou nunha actividade inesquecible co escritor Séchu Sende. O autor de Made in Galiza (lectura do 3° trimestre) compartiu a súa experiencia como neofalante, falou do seu traballo como hipnotizador ilegal, das súas habilidades para ler mentes e mesmo dunha sesión de ouija con Castelao nunha clase […]
Visita de Kiko da Silva
Visita de Kiko da Silva hai uns días, Kiko da Silva veu facernos unha visita e compartiu co alumnado de 1º de Bacharelato de Artes aspectos moi interesantes da banda deseñada e tamén da actualidade. Que experiencia tan enriquecedora! Moitas grazas Kiko… e ata cando queiras! Moitas grazas tamén ao Departamento de Normalización Lingüística por […]
Visita de Paula Andrés

Esta semana o grupo de 1º de Bacharelato de Artes, na materia de Proxectos Artísticos, recibimos a visita de Paula Andrés, unha fotógrafa que nos fixo gozar dunha experiencia moi divertida, na que aprendemos moito sobre fotografía e conseguimos unhas imaxes do máis espectacular… e todo co noso móbil! ??✨ Este taller foi organizado polo […]