Charla temática

O pasado 27 de febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato asistiu á Charla Temática O tratamento dos síntomas da contemporaneidade segundo a psicanálise de orientación lacaniana, organizada polo Departamento de Filosofía e impartida polo profesor Francisco Conde Soto, da Universidade de Santiago de Compostela. Ao longo da sesión, o relator achegou unha visión clara e práctica sobre o tema, combinando explicacións accesibles […]

Olimpíada Filosófica de Galicia

O día 5 de febreiro, cinco estudantes do instituto (Ágatha, Analía, Anxo, Fátima e Lía) participaron na Olimpíada Filosófica de Galicia, na modalidade de disertación, que se celebrou na Facultade de Filosofía da USC. Sendo fieis á temática da Olimpíada, a Tolemia, tamén eles, como Don Quixote fronte aos xigantes, tiveron que enfrontarse a unha pequena dose […]

Educar en Xustiza

Hoxe o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a diferentes xuizos do penal dentro do programa Educar en Xustiza. Agradecer ao maxistrado Miguel Aramburu García-Pintos a súa cercarnía e explicación de todas as dúbidas sobre o procedemento xudicial e a interpretación de cada un dos xuizos aos que asistimos. #DepartamentoEconomía #DepartamentoFilosofía

Fotografía Filosófica

O Departamento de Filosofía pon en marcha o Concurso de Fotografía Filosóficadirixido a todo o alumnado de Bacharelato (1º e 2º). Animádevos a filosofar a través da lente. Deixade que a vosa mirada faga preguntas.

De Eva a Maruxa

O pasado día 17 de xuño ás 11:30h, na Praza de Abastos de Pontevedra, tivo lugar a inauguración da exposición colectiva organizada polo Concello de Pontevedra e titulada “De Eva a Maruxa”, na que participamos xunto con varios centros de Pontevedra. A nosa aportación consiste nun estudo sobre a obra de “Mulleres fotógrafas”, abordado desde […]

Educar en Xustiza

O xoves 16 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato B tivo a oportunidade de visitar o Xulgado de Pontevedra dentro do Programa Educar en Xustiza. Neste caso visitamos os edificios dos Xulgados de Pontevedra e asistimos a diversos xuizos no Xulgado do Penal número 2. Dous casos por estafa, un por incumprimento dunha […]