Aceptamos o reto! O noso alumnado e profesorado de FP participou na xornada de lanzamento do programa InnovaTech FP deste curso, celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela. Nesta nova edición, 9 equipos de alumnos e alumnas do IES Frei Martín Sarmiento traballarán na procura de solucións innovadoras aos retos tecnolóxicos plantexados polas empresas Naturgy, L’Orèal, Fundación San Rosendo e Portomuiños.Comezamos esta experiencia cheos de ilusión, espírito colaborativo e moita, moita creatividade.
#InnovaTechFP2526 #AceptamosOReto