O alumnado de 2° ESO realizou unha saída para coñecer un pouco máis de preto o mundo do marisqueo.
Baixaron á praia para ver como sacaban a ameixa e, os máis preparados, puideron meterse de cheo.
Andrés, o biólogo da lonxa de Campelo, deu unha charla moi interesante na que aprenderon sobre a importancia das correntes, a vida dos moluscos e todo o traballo de fondo que hai para que o marisco chegue ata as nosas mesas. Como actividade final, visitaron un dos hórreos máis grandes de Galicia (Poio).

