IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Baile galego 1º ESO

O alumnado de 1º da ESO gozou dunha divertidísima sesión de baile galego impartida por Artur Puga.

Entre “patadas”, “pisadas de formiga” e mesmo algún “paso de discoteca”, aprenderon a deixar fluír o ritmo da música e a moverse con certa graza😜.

A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, a través dunha das súas integrantes, a profesora Teresa Amoedo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email