IES FREI MARTÍN SARMIENTO

TCAE. Alumnas que ensinan

O pasado oves tivemos unha visita moi especial no IES Frei Martín Sarmiento. As nosas alumnas de 2º do ciclo medio de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría viñeron ao centro para compartir co grupo de 1º TCAE A os seus coñecementos sobre mobilizacións de pacientes.

Como están a realizar as súas prácticas en distintos hospitais, Sabrina, Sandra, Lucía e Lorena puideron explicar de primeira man como se levan a cabo estas técnicas en diferentes plantas e situacións reais. Os seus exemplos, consellos e anécdotas fixeron que a sesión fose moi práctica, cercana e, sobre todo, moi útil.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email