O pasado 19 de xuño, alumnado dos ciclos de Mecanizado e Instalacións Eléctricas do noso centro realizou unha visita guiada polas instalacións de Aluminios Cortizo onde puideron coñecer de primeira man os diferentes procesos industriais desta empresa referente no sector do aluminio, así como descubrir oportunidades de formación e emprego neste ámbito.
Moitísimas grazas á empresa, e especialmente a Cibrán por guiarnos con tanta claridade polos distintos procesos de extrusión, fundición, anodizado, lacado, ensamblado… Entre outras cousas, impresionounos a tecnoloxía empregada, a reciclaxe de alumninio, e as condicións de seguridade, orde e limpeza coas que traballan.
Esta actividade enmárcase no programa EduTecEmprende, promovido pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, co obxectivo de achegar o alumnado á realidade empresarial e fomentar o espírito emprendedor.







