O pasado día 17 de xuño ás 11:30h, na Praza de Abastos de Pontevedra, tivo lugar a inauguración da exposición colectiva organizada polo Concello de Pontevedra e titulada “De Eva a Maruxa”, na que participamos xunto con varios centros de Pontevedra.
A nosa aportación consiste nun estudo sobre a obra de “Mulleres fotógrafas”, abordado desde as materias de Filosofía, Proxectos Artísticos e Cultura Audiovisual de 1º de Bacharelato de Artes Plásticas.
Invitámosvos a visitala agardando que sexa do voso interese







