IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Celebración do Día do Libro

Hoxe queremos recordar que para a celebración do Día do Libro, a Biblioteca do Instituto, en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, organizou un obradoiro coa ilustradora e libreira Alba Blanco. Os destinatarios foron o alumnado do Club Atlantis e algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Artes.
Neste taller, Alba explicou as diferentes fases do proceso de creación dun libro ilustrado, achegando numerosos exemplares aos rapaces nos que puideron apreciar as diferentes técnicas utilizadas en cada un deles. Ademais de gozar dos libros, os estudantes convertéronse en ilustradores, deixando unha fermosa colección de interpretacións artísticas dun suxestivo texto lido por Alba.

@albablancoboga
@libreriaseijas

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email