IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Compartiendo Experiencias Erasmus+

Moitas Grazas a Uxía Laya, Carla Pérez, Alejandro Santos e Adrián Sieiro!!! por compartir as
vosas experiencias vividas a través dunha mobilidade do programa Erasmus+ co alumnado de
Ciclos Medios e F.P.B. do instituto. Uxía e Carla (Francia), Alejandro (República Checa), Adrián
(Malta) participaron neste encontro. Relataron os seus medos e inseguridades iniciais, o
proceso de selección, o traballo nas empresas, anécdotas culturais de cada país, adaptarse a
novos escenarios, dificultades, novas amizades, viaxes…
Os catro mostraron a mesma idea: Erasmus+ é unha porta no camiño que che pode cambiar a
vida. Neste punto Adrián explicounos como grazas ás prácticas realizadas en Malta chegou ao
seu traballo actual, nos Países Baixos.
Grazas unha vez máis por dedicar ese tempo e compartilo cos vosos compañeiros!!!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email