IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Experiencias Emprendedoras

Hoxe tivemos o privilexio de recibir a Luz, fundadora do centro de estética Nova Estetic de Marín, que compartiu co alumnado de 1º e 2º do ciclo medio de Estética e Beleza a súa valiosa experiencia como emprendedora no sector. 

Luz ofreceunos unha visión real e transparente do día a día dun esteticista, destacando os valores que máis aprecia no seu equipo de traballo: actitude positiva, iniciativa, compromiso, respecto e discreción.  Tamén contoumos como selecciona os membros do seu equipo e deixounos claro que a formación continua e a paixón pola estética son clave para medrar neste sector. 

Foi unha charla chea de enerxía, realismo e motivación, que nos axuda a poñer os pés na terra e ver a verdadeira esencia do mundo da imaxe persoal.

Un agradecemento moi especial a Ilona, alumna do noso centro, que hoxe compaxina o seu traballo en Nova Estetic co estudo do ciclo superior de Estética e Beleza Integral. O teu proxecto profesional é unha inspiración para todos! 

Grazas, Luz, pola túa xenerosidade… Que orgullosos estamos de saber que estudaste no noso centro e ver como todo o teu esforzo e dedicación deron froitos tan marabillosos!

@novaesteticmarin @imaxepersoalfreimartin #estéticaybelleza #novaestetic #FPEmprendimiento #auladeemprendementofms #FMSEmprende   #FPimaxepersoal #FPGalicia #moduloipe1 #móduloeie

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email