IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Charla de Gonzalo Navaza

O día 28 de novembro de 2024, convidado polo Departamento de Normalización Lingüística, veu dar unha conferencia ao noso instituto o catedrático da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza Blanco.

Os alumnos de 1º bacharelato leron, previamente, o libro de relatos de Navaza titulado Erros e Tánatos (1996).

Como autor deste libro a súa charla versou sobre a elaboración do citado libro e dos detalles que inspiraron a invención de cada relato. Para a creación literaria confesou que é moi importante a observación de todo o que nos rodea, e desa mirada sobre o mundo xa hai un punto de partida para comezar a crear literatura.

A continuación falou da onomástica, disciplina da que el é un experto, e da orixe dos antropónimos e os topónimos. En pouco tempo deu unha explicación que foi do agrado de todos os asistentes.

Os alumnos fixeron moitas preguntas sobre Erros e Tánatos, e sobre outras obras do autor como é o libro de palíndromos Elucidario e tamén estiveron moi interesados en: como se fai un dicionario?

Rematou a sesión, de case dúas horas, coa sinatura de libros e coa entrega duns agasallos ao conferenciante de parte do IES Frei Martín Sarmiento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email