IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Tendas con historia (s)

O obxectivo desta exposición é valorar a importancia dos establecementos históricos nas cidades como Pontevedra, os cales, contribúen a conformar o seu carácter e particularidade.

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do curso pasado, na materia de Proxectos Artísticos, achegouse a coñecer de primeira man as experiencias laborais e vitais das persoas que os rexentan, en moitos casos descendentes desegunda, terceira ou cuarta xeración, adicándolles unha serie fotográfica de carácter artístico.

Tras reflexionar sobre as repercusións que as novas modalidades de adquisición de produtos, como as compras por internet ou nos grandes centros comerciais, teñen na nosa contorna máis achegada, propoñemos un consumo de proximidade responsable.

Nesta exposición queremos amosar o valor dun modelo de subsistencia na nosa comunidade que ven desenvolvéndose desde hai moitos anos e que desexamos que continúe a ter moito futuro.

Agradecemos ás persoas que compartiron con nós retallos das súas vidas con tanta xenerosidade adicándolles esta mostra.

Tamén queremos dar as grazas ao alumnado de Proxectos Artísticos deste ano pola montaxe da mostra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email