IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Peche do Programa de Mentoría Escolar entre 4º e 1º de ESO.

O alumnado de 4º e 1º ESO “implicado” (porque esa é a palabra que corresponde) tivo o seu acto no Salón de Actos do centro coa presencia institucional, empresarial e política. Pero sobre todo foi un acto para eles/elas, no que Aurora Coego explicounos brevemente os resultados do obradoiro de Mentoría, e Lucía González, Adriana , Raquel , Xoel Mayo e Lorenzo explicaron as súas experiencias.
Un acto no que estiveron usuarios do centro de día Al-Faro, como esquecernos da incombustible Pilar!, cos que intercambiaron correspondencia e sacaron algunha foto de recordo.
Para rematar un pouco de picoteo e uns agasallos, en definitiva, un acto no que todos e todas disfrutamos moito.

Grazas ao alumnado participante: Lucía Tilve, Lucía González, Mara, Alex, Aitana, Ainhoa, Diana, Diego, Joaquín, Luciano, Paula, Ángela, Andy, Yossra, Raquel, Carla, Lía, Sebastián, Xoel, Alexís, Carmen, Jimena, Lorenzo, Naiara, Pilar.
E tamén a Aurora Coego, e a profesoras Cristina e Mariña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email