As Neves

O luns 31 de marzo o alumnado de 1°Bacharelato de Artes asistiu á proxección da película “As Neves” e posterior coloquio cunha das protagonistas e coa directora do filme Sonia Méndez, que animou á rapazada a ver e valorar a produción audiovisual feita en Galicia e en galego.