Visita a Simultánea

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acudiu a ver a exposición Simultánea, na sala de Afundación de Pontevedra. Alí desfrutaron dunha estupenda visita guiada á mostra e gozaron comunicando interesantísimas mensaxes grupais a través da linguaxe da abstracción.
Producións Mutantes

O alumnado do Bacharelato de Artes e de Debuxo Técnico recibiu a visita de Suso Novás, director de Novos Cinemas, acompañado por Gero Costas, de Producións Mutantes de Pontevedra. Gero compartiu con eles a súa experiencia desde os inicios, as dificultades que houbo de sortear e que soubo aproveitar moi ben para non deixar de […]