PARABÉNS LARA

Sentímonos moi orgullosos da nosa ex-alumna Lara Portela Crespo, actualmente alumna de grao da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña. O pasado mes de decembro foille concedido o “Premio da Fundación da Enxeñería Civil de Galicia ao Mellor Expediente de Bacharelato de 2022”

I XORNADAS DE IMAXE PERSOAL

No IES Frei Martín Sarmiento estamos moi satisfeitos/as polo resultado das “I Xornadas de Imaxe Persoal”, xornadas que daban continuidade ás que se celebraban hai 25 anos e que retomamos este ano con grande ilusión e coa pretensión de que foran de interese para o noso alumnado e tamén para o alumnado dos centros invitados.

TALLER PRÁCTICAS MICROBLANDING

Hai uns días, o Departamento de Imaxe Persoal organizou un taller de prácticas de Microblanding en colaboración coa empresa “Estética Directo” para 2º de Estética Integral e Benestar, no que o alumnado coñeceu diferentes técnicas de deseño coa aplicación en plantilla. Ademais, a empresa “Termosalud” realizou un obradoiro de demostración de IPL.

Gustaríache facer teatro?

Gustaríache facer teatro? A ANPA do IES Frei Martín Sarmiento ofréceche a oportunidade de participar nunha actividade extraescolar de Artes Escénicas no que aprenderás e te divertirás moitísimo. A partir do 1 de marzo, todas as tardes dos mércores, de 17:30 a 19:30h. Anímate! ?