IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Taller de Dragóns e calabozos e Magic

O pasado mércores, alumnos e alumnas do Club Atlantis de Manga do instituto organizaron un taller de dous xogos emblemáticos, o “Dragóns e calabozos” e o “Magic”. Este obradoiro estaba dirixido a todo o alumnado que tivera ganas de quedar no instituto e pasar un bo rato. Polo de agora, están deseñando os seus personaxes, será na próxima quedada cando comecen as súas aventuras con eles…

Apetécevos apuntarvos para a próxima? Podédevos anotar no espazo Nuncaxamáis, xa sabedes, nos recreos.

Recordade, cada dous mércores, diversión garantida na Biblioteca… estades invitados!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email