IES FREI MARTÍN SARMIENTO

OFERTA EDUCATIVA | PROXECTOS

Podes descubrir a Oferta Educativa do IES Frei Martín Sarmiento premendo e descargando o seguinte enlace.

Erasmus+ é o programa europeo nos ámbitos da educación, a formación, a xuventude e o deporte para el periodo 2021-2027. Erasmus+ é o programa único que trata de impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento e crecemento persoal, ademais de axudar aos nosos sistemas de educación, formación e xuventude para proporcionar unha ensinanza e unha aprendizaxe que doten ás persoas das capacidades necesarias para o mercado laboral e para una sociedade actual e futura.

Correo contacto:erasmus@freimartinsarmiento.com

Podes acceder a toda a información relativa a este programa no Ies Frei Martín Sarmiento no enlace (info alumnos, info profesorado, formulario, convocatorias e proxectos).

Falta por engadir información.

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores. Estes son os catro Proxectas do IES Frei Martín Sarmiento: TIConsumes, O Tempo desde o Sarmiento, Fotografía en Curso e Proxecta de Ríos.

Fotografía en Curso é un proxecto incluído nos Plans Proxecta, no que estamos a traballar desde os Departamentos de Debuxo, Inglés e Xeografía e Historia, e no que participan centros de diversas zonas de Galicia, Cataluña, Madrid, Arxentina e Chile.

O proxecto baséase na utilización da fotografía como vehículo de coñecemento da realidade máis próxima. A través do visionado de fotografías de artistas profesionais e da experiencia da toma de fotografías dos propios alumnos e alumnas, buscamos a reflexión crítica sobre a contorna, afondando en valores de moi diversa índole: artísticos, sociais, culturais… intentando incrementar a sensibilidade e creatividade do noso alumnado.

O traballo realízase a través de propostas fotográficas concretas, planificadas e estudadas en profundidade a través da análise de fotografías na aula. Algúns dos temas tratados son os seguintes: Espazos baleiros, Retratos aos maiores, Fotografías desde a xanela, etc.

Proxecta de Ríos

Fotografía en Curso

Proxecta TIConsumes

O tempo desde o Sarmiento

Contámoste como é o funcionamento da nosa Biblioteca.

  • Horario de apertura De Luns a Venres de 9:20 a 13:10 horas e de 17:00 a 20:15 hora
  • Busca na Biblioteca
  • Guía do Usuario
  • Sistema de Préstamo virtual
  • Normas de uso
  • Clube Bradomin
  • Blog Biblioteca
  • Como funciona.

    A nosa é unha biblioteca “aberta”, sen portas nin impedimentos para o acceso aos libros. Utiliza o programa de xestión informática Meiga e o sistema de organización de fondos é o do CDU. Ten cabida para 56 persoas sentadas. Conta cuns 140 metros cadrados e está aberta durante corenta e un períodos lectivos..

    FONDOS:

    • 8.602 libros, dos cales están informatizados ao 100 %

    • 476 Dvd.

    • Cds musicais.

    • 14 xogos de mesa.

    AUDIOVISUAIS/INFORMÁTICA

    Oito computadores en liña (seis deles para o alumnado). Un ordenador en mesa de audiovisuais. Dous ordenadores portátiles. Videocámara. Xadrez electrónico. Lapis de memoria.

    OUTRAS CARACTERÍSTICAS:

    * Audiolibros e e-libros en cada computador.
    * Sección de libros antigos.
    * Expositores repartidos por corredores e hall de entrada.
    * Bibliotecas de aula: dicionarios das catro linguas en cada unha.
    * Recíbense entre tres e catro diarios e adquírense catro revistas (Investigación y Ciencia, Fotogramas, Emprendedores e Hobby consolas).

    REALÍZANSE ACTIVIDADES DE:

    • Formación de usuarios.

    • No primeiro trimestre de cada curso ensínase aos alumnos de 1º da ESO, en grupos reducidos, todo o que necesitan saber para buscar un libro, as diferentes seccións, as normas básicas, a sección de consulta, como buscar libros por ordenador, etcétera.

    • Formación nas tecnoloxías de información.

    • Actividades de apoio académico a alumnos. Realizadas por profesorado.

    • Actividades de Educación documental, realizadas polo profesorado e pola propia biblioteca  (inclúe listaxes de webs educativas/informativas/consultivas nos ordenadorees).

    Actividades de fomento da lectura:

    • exposicións de novidades
    • exposicións temporais
    • libro da semana
    • comic da semana
    • guías de novidades
    • adquisición de desiderata
    • efemérides
    • premios ao mellor lector/a
    • actualización de fondos
    • mochilas viaxeiras
    • cesta da garda
    • difusión de fondos entre nais e pais/comunidade educativa
    • gravacións en vídeo, powerpoint (En colaboración co Club de lectura)
    • Atención á diversidade.

    Coordinación cos departamentos didácticos:

    Para coñecer e cubrir as súas necesidades, cubrilas, comunicarlles os fondos que temos e que serven para a súa actividade, e tamén para indicarlles recursos na Web que poidan resultarlles útiles, así como recursos do tipo de educación documental.

    • Alumnado voluntario para colaborar coa Biblioteca nos recreos.

    • Colaboración para organizar actos académicos de aspecto cultural.

    • Proxeccións.

    • Concursos literarios convocados polo centro.

    • Torneos de xadrez.

    • Posta en marcha do Proxecto Lector do Centro.

    • Organización do Club de Lectura Bradomín.

    • Blog da Biblioteca: últimas adquisicións, novas, información sobre os fondos, premios ao alumnado, efemérides, eventos, recomendación de lectura…

Falta por engadir contido.

Nesta sección tes a túa disposición á documentación relativa ás Probas Libres Ciclos LOE.
 

As probas libres de ESO na convocatoria de maio, celebraranse o venres 26 de maio.

A presentación será o venres 26 de maio ás 8:30 no salón de actos do IES Frei Martín Sarmiento.

O horario das mesmas poden consultarse la Resolución que convoca as mesmas:

Acceso á convocatoria

Máis información: Probas para a obtención de títulos

 

 

Dende aquí podes acceder ás ligazóns de descarga dos exemplares da revista Paraquenaqueira

 

CENTRO

INFORMACIÓN SOBRE QUEN SOMOS, ONDE ESTAMOS, A NOSA HISTORIA, AS NOSAS INSTALACIÓNS, ORGANIGRAMA, HORARIOS OU SOBRE O NOSO FUNCIONAMENTO
SABER MÁIS

ALUMNADO E FAMILAS

INFORMACIÓN SOBRE O ANPA XOCAS, OS HORARIOS DOS GRUPOS, OS XUSTIFICANTES DE AUSENCIA, O CONTACTO COS PROFESORES, ABALAR, HORARIOS ATENCIÓN FAMILIAS, FORMULARIOS E WEBS DO ALUMNADO
SABER MÁIS

OFERTA EDUCATIVA E PROXECTOS

INFORMACIÓN SOBRE A NOSA OFERTA EDUCATIVA, O ERASMUS +, O AULA DE EMPRENDEMENTO, A BIBLIOTECA, A REVISTA PARAQUENAQUEIRA, NORMALIZACIÓN LINGÚÍSITCA E PROXECTOS DO CENTRO.
SABER MÁIS

EMPRESAS E ASOCIACIÓNS

INFORMACIÓN SOBRE OS CONVENIOS DO CENTRO CON EMPRESAS, A BOLSA DE EMPREGO, EMPRESAS FCT, CONTACTO DE EMPRESAS CO CENTRO OU APARICIÓNS EN PRENSA.
SABER MÁIS

TRÁMITE E DOCUMENTACIÓN

INFORMACIÓN SOBRE RECLAMACIÓNS DE CUALIFICACIÓNS, O PROCESO DE ADMISIÓN, SOLICITUDE DE CERTIFICACOS OU CONTACTO A TRAVÉS DE FORMULARIOS WEB.
SABER MÁIS

NOVAS OFERTA EDUCATIVA |PROXECTOS

CENTRO

Día Mundial da Auga

Onte, celebrando o Día Mundial da Auga, a Tropa do Clima, un colectivo de rapaces e rapazas dos diferentes institutos de Pontevedra, concentrouse na contorna

LER MÁIS »
CENTRO

Día da Poesía

O martes 21 de marzo (Día da Poesía) visitounos a escritora Mónica García para falarnos do seu libro Biografía dun corpo (Premio Gran Angular) que

LER MÁIS »
CENTRO

Bdra Gráfica

[:gl] O grupo de 1º de Bacharelato de Artes asitíu á inauguración das I Xornadas de Banda Deseñada en Pontevedra, Bdra Gráfica, organizadas Kiko da

LER MÁIS »
CENTRO

Viaxe a París

O alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato de Francés está gozando moitísimo da súa viaxe a París xunto coas súas profesoras Pilar Lozano

LER MÁIS »

FORMULARIO CONTACTO