IES FREI MARTÍN SARMIENTO

I XORNADAS DE IMAXE PERSOAL

No IES Frei Martín Sarmiento estamos moi satisfeitos/as polo resultado das “I Xornadas de Imaxe Persoal”, xornadas que daban continuidade ás que se celebraban hai 25 anos e que retomamos este ano con grande ilusión e coa pretensión de que foran de interese para o noso alumnado e tamén para o alumnado dos centros invitados.

Nas sesión matutinas, estas xornadas acolleron relatorios formativos comúns ás especialidades de Salón de Peiteado e Estética, e cada unha das tardes estivo orientada a de forma específica a cada unha das ramas.

O auditorio tivo a oportunidade de coñecer de primeira man a experiencia profesional de ex-alumnos e ex-alumnas deste centro, e estamos seguros de que a súa bagaxe foi moi inspiradora para todos os asistentes.

Queremos agradecer ao IES Montecelo pola súa colaboración no deseño dos carteis, e dípticos informativos, así como polo fermosísimo centro floral que decorou a nosa mesa.

Grazas a todos os centros invitados por querer compartir con nós esta experiencia, ao noso alumnado e por suposto, a todos os relatores/as pola súa xenerosidade compartindo con nós os seus coñecementos.

Queremos agradecer moi especialmente ao equipo de azafatas polo importante labor que desempeñaron estes días e ás tres profesoras que foron a alma destas Xornadas, Patricia Diz, Toñi Fenández e Mercedes Dios.

Co desexo de que esta sexa a primeira de moitas xornadas máis, agardamos que aprenderades e gozarades moito.

 

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email