Votación Proxecto E-Twinnig: Bite-sized of us

Home / Centro / Votación Proxecto E-Twinnig: Bite-sized of us
Votación Proxecto E-Twinnig: Bite-sized of us

O noso centro participa no Proxecto E-Twinnig, Bite-sized of us, da man das docentes de inglés Teresa Amoedo e María Castellanos que lideran ao noso alumnado, e colaborando con alumnado de España, Portugal, Italia, Turquía, Polonia e República Checa. O proxecto trata sobre os adolescentes, o mundo real e o mundo online; comezou en decembro do ano pasado e remata en maio deste ano. Na fase actual están deseñando un logo e un póster do proxecto; entre todos os preseleccionados elexirán o máis votado entre a comunidade educativa dos países participantes. Preme no seguinte enlace para votar o que máis che guste (os logos e pósters do noso centro son os número 3 e 10, dos bacharelatos de artes e humanidades e ciencias sociais, respectivamente). Participa!: http://bit.ly/bitesizedus