Premio Innova FP Departamento Imaxe Persoal

Home / Centro / Premio Innova FP Departamento Imaxe Persoal
Premio Innova FP Departamento Imaxe Persoal

Noraboa ás nosas compañeiras do departamento de imaxe persoal, coordinadas por Carmen Feijoo, pola obtención dun premio de 21.943 € de innovación de FP da Consellería de Educación na convocatoria deste curso. Desenvolverán un proxecto de investigación sobre o asesoramento e venda de produtos e servizos de imaxe persoal para clientes oncolóxicos coa axuda de ferramentas dixitais, en colaboración cos IES de Montecelo e Lamas de Abade e coas entidades Talaso Atlántico H., S.L. e Bendifferential. Moitos parabéns!!