Premio Concurso contra a Violencia de Xénero

Home / Centro / Premio Concurso contra a Violencia de Xénero
Premio Concurso contra a Violencia de Xénero

Hoxe estamos de noraboa: parabéns ao noso alumno Nee, de 1º de Bacharelato de Artes,  polo 1º premio no II Concurso contra a Violencia de Xénero convocado pola Subdelegación do Goberno. Esta é a segunda vez que o IES Frei Martín Sarmiento obtén un premio neste concurso, mérito que hai que darlle tamén, entre outros, ao profesor de lingua castelá, Jorge Martín, que leva anos animando ao alumnado a participar neste tipo de iniciativas. A entrega de premios será o vindeiro venres 23.