@noscolaboramos

Home / Centro / @noscolaboramos
@noscolaboramos

A iniciativa do alumnado de 1º de Bacharelato de Humanidades da materia de Economía tivo gran repercusión nos medios de comunicación (prensa, radio e televisión). E non é para menos; impulsados pola súa profesora, Mary Luz Iglesias, decidiron buscar financiación para unha excursión non lúdica, se non cun gran compoñente social: axudar aos máis desfavorecidos a través dunha ONG. Cas miras postas neste obxectivo contactaron coa ONG “África soy yo” que opera con rapaces na zoa de Er-Rachidia. Deste xeito, o noso alumnado pasará alí unha semana axudando aos máis novos a aprender inglés, español, pintura e máis xogar con eles. Podedes seguir a evolución do proxecto a través da conta de Instagram @noscolaboramos. Parabéns pola iniciativa!!!

Recolleron a noticia, entre outros, medios como Diario de Pontevedra, La Voz de Galicia e a TVG.