Xornada Portas Abertas

Home / Centro / Xornada Portas Abertas
Xornada Portas Abertas

O vindeiro mércores 27 de febreiro ás 20:00 horas celebraremos unha xornada de portas abertas onde presentaremos o noso proxecto educativo e amosaremos as instalacións do centro. Lembramos que o proceso de admisión para os centros non adscritos abrangue desde o 1 ata o 20 de marzo; a través da nosa web, no apartado “familias” atoparedes na pestana “proceso de admisión curso 2019/2020” o acceso á reserva a través da sede dixital ademais de toda a documentación precisa para tramitar a vosa reserva de praza. Adiante! Na nosa Canle de Youtube podedes atopar o vídeo de presentación da Xornada de Portas Abertas.