Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade

Home / Centro / Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade
Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha conferencia de 2 horas “Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade”, que será impartida pola xornalista e blogueira Eva Millet Malagarriga. Esta formación desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entrada libre ata completar aforo, o 30 de Outubro de 19:00 a 21:00 horas. Esta actividade impartirase tamén o 29 de Outubro, de 20:00 a 22:00, no Pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo (inscripción nos centros educativos de Sanxenxo). Descarga o programa.