O procedemento para a reclamación das cualificacións da ESO e o Bacharelato ven regulado pola Orde de 2 de marzo de 2021 e pola Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. As cualificacións obxecto de revisión segundo o procedemento establecido, serán as finais obtidas nunha área, materia ou ámbito; tamén pode reclamarse a decisión de promoción ou titulación. O procedemento de revisión iníciase no centro, onde se resolve en primeira instancia; no suposto de desacordo con esta decisión, pódese reclamar en segunda instancia ante a Xefatura Territorial de Pontevedra.
O procedemento para a reclamación das cualificacións dos ciclos formativos ven regulada polo artigo 45 da Orde de 12 de xullo de 2011 no que respecta ao alumnado de formación profesional inicial e polo artigo 24 da Orde de 13 de xullo de 2015 respecto ao alumnado de formación profesional básica. En ambos casos pode formularse reclamación contra o resultado dos procesos das avaliacións finais ou no caso de ciclos formativos de 2.000h de duración, o dereito de reclamación será extensivo a aquelas avaliacións parciais en que se propoña o acceso á realización do módulo de FCT en período ordinario, logo de finalizada a docencia dos módulos de formación no centro educativo.
—-
- Normativa reclamación cualficacións ESO e Bacharelato.
- Normativa reclamación cualificacións ciclos formativos.
- Orden de 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación do alumnado das ensinanzas de formación profesional.
- Orden de 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.
- Procedemento de reclamación en 2º de bacharelato.
- Modelos de reclamación.