Cociñando Mates

Home / Centro / Cociñando Mates
Cociñando Mates
Xa temos aquí o III concurso de fotografía matemática que este ano leva como temática a presenza das mesmas na alimentación e na cociña. Pode participar calquera membro da comunidade educativa, alumnado, docentes e persoal non docente, e hai de prazo ata o 31 de marzo deste ano para presentar as obras. Compre enviar unha ou duas fotos orixinais ao correo fotomate@freimartinsarmiento.com. Haberá catro categorías: A/ 1º, 2º da ESO, F.P. Básica. B/ 3º e 4º da ESO C/ Bacharelatos e ciclos formativos. D/ Resto da comunidade educativa. Ademais haberá un premio popular a foto máis votada na rede. Animádevos a participar!!! Podedes atopar o video na nosa Canle de Youtube.