Author: admin

Home / Articles posted by admin
O alumnado estrea novo chan no pabillón

O alumnado estrea novo chan no pabillón

Tras a solicitude a finales do curso pasado á Unidade Técnica da Xefatura Territorial de Pontevedra, para cambiar o chan do pabillón, nos últimos días de decembro executouse a devandita obra. Neste time-lapse colgado na nosa canle de Youtube pódese ver o traballo completo da obra.

Continúe lendo
O noso instituto amosará os seus logros noutras Comunidades Autónomas

O noso instituto amosará os seus logros noutras Comunidades Autónomas

O IES Frei Martín Sarmiento está entre os oito centros elixidos en toda Galicia polas súas boas prácticas para amosar o seu método e os seus logros noutras Comunidades Autónomas, dentro do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción’, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Nesta edición do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción’, participarán 40…

Continúe lendo
Convocatoria solicitudes Erasmus + para mobilidades curso 2018/2019.

Convocatoria solicitudes Erasmus + para mobilidades curso 2018/2019.

Está aberta a convocatoria para solicitar bolsas Erasmus+ para facer a FCT ou prácticas como recén titulados no estranxeiro, durante o presente curso. Queres facer a FCT fóra? Ou facer prácticas como alumno xa titulado noutro país europeo? Programa Erasmus+ para Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior Con quen debes contactar? Coord. Progr. Internacionais:…

Continúe lendo
Premio Concurso contra a Violencia de Xénero

Premio Concurso contra a Violencia de Xénero

Hoxe estamos de noraboa: parabéns ao noso alumno Nee, de 1º de Bacharelato de Artes,  polo 1º premio no II Concurso contra a Violencia de Xénero convocado pola Subdelegación do Goberno. Esta é a segunda vez que o IES Frei Martín Sarmiento obtén un premio neste concurso, mérito que hai que darlle tamén, entre outros,…

Continúe lendo
Responsabilidade social nos contidos educativos

Responsabilidade social nos contidos educativos

Oito institutos galegos, entre eles o noso, están a participar na segunda edición do programa Xeración Responsable, unha iniciativa das consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Educación, Universidade e Formación Profesional coa que se busca difundir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable impulsados por Nacións Unidas para alcanzar no ano 2030 un mundo máis…

Continúe lendo
Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade

Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha conferencia de 2 horas “Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade”, que será impartida pola xornalista e blogueira Eva Millet Malagarriga. Esta formación desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entrada libre ata completar aforo, o…

Continúe lendo
TokApp School

TokApp School

O Centro Educativo I.E.S Frei Martín Sarmiento desexa comunicar ás familias e alumnos/as que enviaremos a información que precisen (avisos, notificacións, etc) a través desta aplicación. Preme no enlace para descargar a aplicación: https://www.tokappschool.com/

Continúe lendo