Aula Emprendemento

Home / Centro / Aula Emprendemento
Aula Emprendemento

A nosa Aula de la Emprendemento levounos onte ata Viascón para coñecer o traballo “dun día calquera” nunha empresa líder no sector de fabricación, montaxe e mantemento de instalacións industriais, a empresa *Ingeniería y Montajes Rías Bajas S.A.*
O alumnado de 2º curso de Mecanizado, provisto dos oportunos EPIs da empresa, realizou unha visita guiada polas instalacións da man de Jorge, e grazas a súas explicacións coñecimos o proceso de fabricación dunha inmensa caldeira industrial, así coma dos diversos elementos de tubería e calderería.
D. Cándido Farto, grazas por acompañarnos na visita e por estar a carón do alumnado de Formacion Profesional! 🏭⚙️🔩🧑‍🏭