O programa Erasmus + ofrece as oportunidades a:
- Estudantes de Educación Superior e Formación Profesional que desexen estudar, formarse ou obter experiencia laboral no estranxeiro.
- Profesorado, formadores, personal de administración que desexen ensinar, formarse e lograr novas perspectivas profesionais no estranxeiro, ou compartir a súa experiencia.
Dende o Departamento de Programas Internacionais desexamos internacionalizar a escola, para elo emprenderemos as seguintes accións:
- Xestionar mobilidades de alumnado tanto en Ciclos Medios como en Ciclos Superiores para poder realizar as prácticas (FCT) no estranxeiro.
- Xestionar mobilidades de profesorado para formación no estranxeiro.
- Xestionar mobilidades de alumnado doutros países para que poidan realizar as prácticas no noso país.
- Xestionar mobilidades de profesorado doutros países para a sñua formación.
- Establecer acordos de cooperación e colaboración con institucións e organizacións internacionais relacionadas cos estudos profesionais que se imparten no IES Frei Martín Sarmiento.
A oferta formativa de Ciclos que actualmente ofrecemos é a seguinte:
Electricidade e Electrónica
- Ciclo Medio: Instalacións eléctricas e automáticas
- Ciclo Superior: Sistemas electrotécnicos e automatizados
Imaxe persoal
- Ciclo Medio: Técnico en Estética e Beleza. Técnico en Peiteado e Cosmética capilar
- Ciclo Superior: Técnico superior en estética integral e benestar
Fabricación mecánica
- Ciclo Básico: Fabricación e montaxe
- Ciclo Medio: Técnico en mecanizado
Sanidade
- Ciclo Medio: Coidados auxiliares de enfermería
- Ciclo Superior: Técnico en dietética. Técnico en Laboratorio Clínico e Biomédico.